Site icon Crónica3.com A Mariña

Récords persoas de marcas no X Trofeo Nadal FGTA para o Iadovi Club de Tiro con Arco

A pasado fin de semana celebrouse en Pontevedra o X Trofeo de Nadal da Federación Galega de Tiro con Arco, 3ª Postal nacional de Sala.

Os representantes do Iadovi San Cibrao lucíronse. Na modalidade de arco recurvo, categoría alevín. Beatriz Melo Botelho, obtiña a 2º praza, cunha puntuación de 468 sobre 600 de máxima, batendo por segunda vez consecutiva o seu record persoal, do mesmo xeito que no campionato anterior volvía bater a súa marca persoal obtida o 22/11/2014 no XI Trofeo Federación Galega- Xunta de Galicia celebrado en Arteixo (A Coruña) onde situaba o seu récord nos 445 puntos. Ángel Galante Briones facíase co 1º posto en cabaleiros e do mesmo xeito que a súa compañeira batía a súa marca persoal obtido tamén no pasado día 22 de novembro en Arteixo, pasando dos 505 puntos aos 577 actuais, destaca a súa segunda serie que quedou tan só a 4 puntos de asinar unha táboa perfecta (300 puntos máximos por serie).

O mesmo día pola tarde competían as categorías de cadetes, junior, senior e veterano. Os nosos representantes foron como non podía de ser doutro xeito, na categoría cadete; Gabriel Galante Briones, o cal se cara a coa primeira praza con 545 puntos. Francisco Melo Botelho quedaba 4º con 426 puntos batendo así tamén o seu récord persoal conseguido no Trofeo San Froilán 2014 celebrado en Lugo o 27/09/2014, no cal poñía o seu listón nesa ocasión nos 394 puntos.

Na categoría sénior feminino nosa única representante, Ana María Briones Montes facíase coa 2ª praza tras lograr os 456 puntos.

Exit mobile version