Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata a temporada do Grupo de Teatro de Ribadeo

os-putativosCoa actuación en Vilanova de Lourenzá, o sábado día 22 de novembro, o Grupo de Teatro de Ribadeo rematou a súa andaina artística deste ano, despois de levar a obra Os putativos a Sarria, Cabarcos, Ribadeo (en dúas ocasións), San Clodio e Xermade dentro dos Circuitos Buxiganga 2014, que organiza a Área de Cultura da Deputación de Lugo. Fóra destes circuitos, a peza representouse tamén en Rinlo, Puerto de Vega, Cedofeita e Tapia de Casariego. Así mesmo, o Grupo de Teatro de Ribadeo colaborou ao longo deste ano noutras diferentes actividades na vila, como no Festival contra o cancro ou no Ribadeo Indiano. Na actualidade, o Grupo ten previstas outras actuacións con esta mesma obra e, ao tempo, está a preparar unha nova cara á a vindeira temporada.

Exit mobile version