Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta da antiga estrada da República da Fonsagrada

ruta-fonsagradaA amizade e camaradería que existe entre os socios de Terras de Lourenza e os de Pasada das Cabras de Burela viuse reflectida unha vez máis na camiñada que realizaron ambas asociacións este domingo na Fonsagrada. Nesta ocasión percorreron a ruta de Linares de Bidul á ponte de Villabol, coñecida popularmente como antiga estrada da república. Ademais, tamén invitaron aos compañeiros de Amigos do Patrimonio de Castroverde, o que fixo que se reuniran un centenar de camiñantes. Todos xuntos remataron a xornada cun xantar en O Piñeiral onde degustaron o famoso cocido de A Fonsagrada con butelo incluído.

Exit mobile version