Site icon Crónica3.com A Mariña

Sandra Rey Oliveros, de 20 anos, será a raíña do Entroido de Foz 2015

Foz, 11 de decembro de 2014. A focense Sandra Rey Oliveros, de 20 anos de idade, foi elixida raíña do Entroido de Foz 2015 entre as seis candidatas que se presentaron á convocatoria realizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz.

Anunciouno o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, quen explicou que “vimos de escoller á raíña do próximo Entroido 2015, que será Sandra Rey Oliveros. É unha rapaza nativa de Foz que ten 20 anos e que é unha persoa moi participativa tanto no Entroido coma nos demais actos culturais e festas que hai no concello ao longo de todo o ano. Esta rapaza leva varios anos presentándose e ao final ímoslle dar a alegría de participar como raíña do Entroido. Agora será ela quen terá que escoller ás dúas damas de honra”.

Ánxel Paleo tamén deu a coñecer que Sandra Rey Oliveros “será coroada na cea de Entroido que se celebrará o día 31 de xaneiro no pavillón do colexio Martínez Otero. Nesta cea, dada a gran afluencia que hai tódolos anos, que é cada vez maior, nesta edición a novidade é que só se poderán quedar ao baile os que acudan á cea”.

Exit mobile version