Site icon Crónica3.com A Mariña

Señorita de Alba, señorita de Covas en Nois

Os espectáculos de enterros e encarceramentos de famosos e mangantes disfrazados de politicos, regalalarón uns días de descanso ao goberno do Partido Popular. A cidadanía entretense masivamente, a prensa distrae das verdadeiras cuestións preocupantes: o paro, a corrupción política e económica, os sablazos das eléctricas, a inseguridade laboral, as cifras de pobreza infantil, e ata a pederastia dalgúns clérigos.

A corrupción faise insoportable, vomitiva. A filosofía cidadá copia, en defensa propia, de banqueiros e políticos, sálvese quen poida. Á vista dos millóns de euros que se levaron do común os Intre, Blesa, Fabra, Beltrán, anejos de Cospedal e Ana Mato, amigos de Esperanza Aguirre e outros parentes, maridos, irmáns e cuñados que entran e saen da Gürtel á Púnica, da operación Enredadera á Madeja, ida e volta, o que se dá a entender é que a lei da fraga e o manual de uso do superviviente.

Doentes son as cifras de millóns euros que se levaron os que aínda andan polas rúas, pero non menos o son as 34.000 hectáreas de terras da Duquesa de Alba polas que percibe unha millonada de axudas da CEE destinadas á modernización e supervivencia de explotacións agrarias. Un patrimonio que paga impostos a Facenda tan só por un 10% do seu valor. Unha soa persoa que se chama por 18 nomes de pila; ningún párroco nin encargado de Rexistro civil permitise inscribilos á filla dun plebeyo; e 51 títulos nobiliarios hereditarios de lugares que non sabe nin onde están nin de onde lle veñen.

A propiedade privada é un dereito constitucional e ninguén o discute, pero terra é a que hai, non se produce nin reproduce, e está aí para dar para comer a todos os seus habitantes, de modo que a concentración excesiva da propiedade debese estar prohibida para garantir unha distribución eficiente e equilibrada. Si estivese repartida adecuadamente, Andalucía e Estremadura non terían tantos xornaleros temporeros e si máis pequenas e medianas empresas agrarias familiares.

Ahora enterémonos que a señora de Alba, que tanto queria a Andalucia, a Sevilla e a quen a Xunta de ali lle deu a medalla de honrra da cousa non paga nin un chavo de impostor por a sua herencia na sua querida Andalucia, xa que tiña fixada a sua residencia fiscal en Madrid donde se paga moito menos por a herdanza.

Independente, libre e vividora pregoan os papeis. A ver cantas mulleres, nais, traballadoras ou amas de casa teñen esa opción de selo tamén. Medieval e feudal, é a definición apropiada para entendernos. ¡Que maja era a señorita! Deciamos en Nois da dona de casi toda a aldea, a señorita de Covas, a quen os seus nin lle teñen sepultura con nome no cementerio da pequena aldea trais a herdanza.

Otero Regal.

Exit mobile version