
O Grupo Infantil de Teatro “Pimpim” actuou esta fin de semana en San Cibrao. Nela, uns 30 nenos e nenas ofreceron unha representación teatral do programa de televisión “Tú si que vales”. Desta maneira, os pequenos actores e actrices actuaron como presentadores, cómicos, magos, bailaríns, cantantes ou músicos. Nesta ocasión a improvisación en escena foi a clave desta actividade xa que os nenos e nenas ensaiaron durante varias semanas esta actuación sempre sen guión. Unha actuación que foi una sorpresa para os pais e nais, que pensaban que os seus fillos ían ofrecer un espectáculo de panxoliñas. Ao mesmo tempo, ao remate, os pais e nais sorprenderon aos fillos cunha coreografía da canción “All I want for Christmas is you”. Para finalizar, fíxose entrega dos premios aos gañadores do XV Concurso de Postais de Nadal e un agasallo para todos.