Site icon Crónica3.com A Mariña

Tres anos para gobernar e un para facer campaña

A partir de agora as noticias difundidas polo goberno van ser paradisíacas, ¡Esto e Hawái¡. Baixarán os impostos porque imos vento en popa a toda vela e sóbranos o cartos por milleiros, porque só debemos un billón de euros, as familias seguen sendo arroxadas á rúa, os nosos mozos vanse mundo adiante para ser explotados por outros países e os que se quedan suplican un traballiño, a ver si hai sorte e cae algo.

Pero isto é a gloria, o que non traballa é porque non quere, porque non se esforza o suficiente, porque só está pensando en subvencións e en que lle dean para comer, porque este país está cheo de vagos, tantos como cinco ou seis millóns, e case dous millóns de familias sen ningún ingreso. ¡Ai que ver! Co listos e traballadores que son os fillos dos adiñeirados, eses a os que o seu papi coloca adecuadamente, porque ten boas relacións, oe, porque as gañou, ou as mercou, ou as favoreceu desde o seu posto de representación pública, ou desde os seus cartiños, ou da sua corrucion. Eses si que son listos, e espabilados, aínda que non dean un pau a auga gáñano ben, e limpamente. Son as élites, os elixidos, os divinos, os que están chamados a gobernarnos, e en connivencia coas xerarquías eclesiásticas dirannos o que está ben e o que está mal, e acabarán regulando por decreto ata os nosos pensamentos.

Marcha atrás no tema do aborto. Xa non se aproba nesta legislatura, nin falla que fai. ¡Que ocorrencia! En véspera dunhas eleccións locais o que hai que facer é dar un golpe de man e aprovar unha nova lei de “Orden Publico” para garantirse que os “malandrins” deixer de dar a lata e causar atascos na Vila e Corte cos suas manifestacións.

Claro que, a culpa tena a esquerda, din, porque está tan dividida? Nas próximas ainda estará mais, E é que precisamente este pais é de esquerdas, sempre o foi, ata con Paquito o chocolateiro de Ferrol e ás agachadas, pero, aínda que sumen máis votos dilúense entre tanto partido dicindo case o mesmo. Pero non importa, isto segue sendo un paraíso, tres anos para gobernar e un para facer campaña electoral vendendo ben o que fixeron mal.

Otero Regal.

Exit mobile version