Site icon Crónica3.com A Mariña

Trípode presenta este domingo en Barreiros o seu “Xuízo anticorrupción”

Barreiros, 18 de decembro de 2014.- A Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros ven de presentar un novo acto lúdico para o vindeiro domingo, 21 de decembro. Trátase da representación teatral da obra Xuízo Anticorrupción, á cargo do grupo Trípode de Alfoz. A posta en escena será a partir das 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, e a entrada será gratuíta ata completar aforo.

Dende a Concellería de Cultura de Barreiros animan aos veciños a acudir a esta cita humorística coa última obra do trío Trípode, que xa foi representada en ocasións anteriores neste 2014 na Mariña, contando cun gran apoio do público.

Exit mobile version