O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Pilar Armada, fixeron entrega destes cheques aos alumnos nun acto que tivo lugar na Casa do Concello. Unhas axudas que se unen ás outras liñas de apoio á educación que ten activas o goberno local e que xa se repartiron ao longo das últimas semanas. Un exemplo son as subvencións ás entidades educativas, como é o caso dos colexios e institutos, e das ANPAS. Pero tamén hai outras axudas para as familias, como as de material escolar e libros para segundo ciclo de infantil.
Desta maneira, o Concello mantén o seu compromiso con todos os colectivos implicados na educación dos cervenses co obxectivo de “colaborar con todos eles na dinamización e mellora do ensino, complementando as accións das entidades e axudando ás familias á hora de afrontar os gastos derivados da formación dos seus fillos”, asegura Armada.