A.C.R. Fervenza de Sargadelos da localidade de Cervo organizan un ano máis a Noiteboa Infantil que alcanza a sétima edición de balde. Será no pavillón de Cervo o 24 de decembro a partir das 17.00 horas para todos os nenos e nenas que queiran acudir. A monitora de tempo libre Rocío Cabaleiro encargarase da pintura de caras con temáticas de Nadal e tamén haberá hinchables, chocolatada gratis, contacontos con Caxoto Kativo e a visita de Papá Noel. A partir das 20.30 horas, como xa é tradicional, celebrarase na Pousada O Almacén o sorteo de 5 kg de marisco.