Site icon Crónica3.com A Mariña

Vilas e Marrube reclaman o estudo sobre a unión de Alfoz e Valadouro

Alfoz, 19 de decembro de 2014.- Os concelleiros independentes de Alfoz e promotores da unión dos concellos de Alfoz e Valadouro reclamarán os estudo de viabilidade sobre a fusión de ambos concellos do Val.

Pasou un tempo máis que considerable dende que se solicitara o estudo, e dende que o vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda, dixera publicamente que o estudo sobre a fusión de Alfoz-Valadouro se estaba facendo.
Hai que lembrar que a Xunta realizou a fusión de Oza-Cesuras en tan só uns meses de forma moi polémica e sen acadar o apoio que suscita a de Alfoz-Valadouro. Pasou tempo máis que considerable para dar tempo a realización do estudo, pero este segue sen aparecer.

“A solicitude de estudo aprobouse o 24 de febreiro de 2012, pasaron case dous anos e continuamos sen ver o estudo. Onde van os argumentos de Feijoo para fusionar concellos?”

Por outro lado o goberno comprometeuse coa Unión Europea en acelerar a fusión dos concellos de menos de 5000 habitantes, remitiu un informe fai dous meses a UE onde se comprometía a fusión de concellos de menos de 5000 habitantes no seu plan orzamentario. “Se non apostamos agora todos pola unión, volvera a ser tarde para Alfoz e Valadouro”

“Si Feijoo e Rueda despois de mentir descaradamente continúan a pasar de nós, coa complicidade do goberno central, estamos dispostos a acudir a UE para dar a coñecer a realidade que está acontecendo no estado español con respecto as fusión, máis tendo en conta o informe que acaba de remitir o goberno a UE onde se compromete a modificar o mapa territorial”.

“Solicitaremos o estudo ao Concello e na Xunta de Galicia, de non recibir resposta iniciaremos outras medidas para defender o futuro do Val, o fin último desta loita e a defensa dos intereses das persoas do Val”

Exit mobile version