Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria para o Ribadeo ante o Rápido de Bouzas

Unha xogada a balón parado no minuto 25 decantou o partido no Pepe Barrera entre o Ribadeo e o Rápido de Bouzas a favor dos locais.

O remate de Dapo tras un saque de córner puxo o definitivo 1-0 no marcador, a pesar de que Tomás puido empatar antes do descanso.

Na segunda parte repitiuse o guión de ocasións para ambos conxuntos que desvarataron os porteiros Kiko e Sergio Ríos.

O adestrador ribadense, Germán Campos recoñeceu que “o partido disputouse nun terreo de xogo en moi mal estado”. Ademais, engadiu que “houbo moito xogo directo e estratexia na que estivemos afortunados. E, con vantaxe no marcador, estivemos ben organizados”.

Exit mobile version