Despois de varios anos e a través dun convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Viveiro pode anunciar que neste Nadal todos os veciños de Viveiro e visitantes poderán desfrutar, novamente, do belén xigante instalado no entorno da Iglexa de Santa María.
Tras as numerosas demandas recibidas por parte de veciños, visitantes, comerciantes, colexios e colectivos, o anterior alcalde, o falecido Melchor Roel Rivas, iniciou os trámites para conseguir que o famoso belén xigante de Viveiro volvese, no Nadal, á súa ubicación habitual.
Nos vindeiros días iniciaranse os traballos necesarios para a súa instalación e desta maneira, grazas á asociación que nos últimos anos se viña encargado da súa xestión e á inestimable axuda da Deputación Provincial de Lugo, o Belén Xigante do Concello de Viveiro convertirase nas vindeiras datas nun referente ineludible e a súa visita nunha cita obrigada.
Tanto para o Concello de Viveiro coma para Deputación Provincial de Lugo é unha honra poder anunciar este convenio, seguros de que a recuperación do belén xigante de Viveiro servirá como referente cultural e motor dinamizador da economía local grazas as múltiples visitas previstas. Atendendo ás cifras rexistradas nos últimos anos, agárdase que sexan moitos os veciños e visitantes de todas as idades que se acheguen a disfrutar da beleza e bo facer deste belén, repercutindo positivamente na hostalería e comercio da zona.
María Loureiro García.