Site icon Crónica3.com A Mariña

3 metais para o Iadovi no galego de tiro con arco en sala

iadovi-metais-alevinsOs arqueiros do Iadovi lograron subirse ó podio en tres ocasións esta fin de semana no campionato galego de Tiro con Arco en sala que se celebrou na Coruña.

O sábado disputábanse as categorías inferiores de ardilla, benxamín, alevín e infantil. Beatriz Melo Botelho conseguía unha cuarta praza na modalidade de arco recurvo na categoría alevín cunha puntuación de 448, a pesar de que o material non lle axudaba. O mal voo das súas frechas imposibilitoulle estar nas tres primeiras prazas.

Pola súa banda, Ángel Galante Briones empezaba as series con mal pé; pero ós poucos foi escalando postos grazas a varios empates na tanda final co representante do Club Cambre. Finalmente, fíxose coa segunda praza cunha puntuación de 548 puntos sobre os 600 posibles, tan só a 2 puntos do representante do Club Cambre.

O domingo disputábanse as categorías superiores: cadetes, junior, senior e veteranos. Na categoría cadete arco recurvo participaba Iván Cendán Lindín, que se estreaba na competición galega logrando a sétima praza cunha puntuación de 337. Despois de alcanzar as eliminatorias entraba en cuartos de final, pero a fortuna fixo que a disputara contra Taylor Murias, do Club Arcobarco de Ourense, que fixo valer a súa experiencia e apartándoo da competición cun aplastante 6-0 nos sets eliminatorios.

Francisco Melo Bothelo non tivo o seu día, e con varios fallos na técnica, descolgábase das eliminatorias. Finalizou noveno con apenas 284 puntos, unha puntuación demasiado baixa para a súa calidade técnica.

Tamén por debaixo do que nos ten acostumados estivo Gabriel Galante Briones, aínda así logrou situarse desde o principio na cabeza, finalizando as series con 545 puntos. Os dous primeiros enfrontamentos realízaos contra os representantes dos Clubs Narón e Ferrol; aos que non concede ningunha tregua, gañando ambos enfrontamentos co mesmo resultado 6-0 ; e con puntuacións excepcionais. Cada set finalizábao coa máxima puntuación posible, 30. Os deces son case perfectos fáltalles moi pouco para machucar a “mosca” (unha marca en forma de aspa que sinala o centro exacto de cada diana da tripla vertical). O último enfrontamento dispútao ante Taylor, que viña de eliminar ao seu compañeiro de club.

Nesta ocasión Taylor atópase nervioso e as súas frechas xa non son tan certeiras como cando competiu contra Iván. Perde o primeiro set; pero ambos arqueiros están a dispostos a non dar o brazo a torcer e replícanse con 10. No terceiro set, ambos concentrados, espetan a terceira frecha no 9 e colócanse 4-2. Pode ser o último set que lle dese a vitoria a Gabriel ou o empate a Taylor. Gabriel consegue dous 10 moi claros e un 9. Taylor estrela as súas 2 primeiras frechas na marca do 10 pero a última vaise a un 9 por confirmar, xa que dende a distancia, se confunde co círculo do 8. O encontro finaliza con vitoria para Gabril despois de comprobaren ambos arqueiros o resultado e darse a man.

Sénior
Na categoría sénior home de arco recurvo participaron José Manuel García Cordido que consegue unha puntuación de 475 puntos, 4 por baixo da súa mellor marca, que o situou na posición 23. Jorge Galante Pérez, con 424 puntos, conseguía situarse no posto 29.

Na categoría sénior feminino, Ana María Briones Montes finalizaba cuarta tralas series clasificatorias con 498 puntos, pasando a cuartos de final. Tras empatar en tódolos sets contra María García López, do Club Arco Narón, Ana consegue 29 puntos no quinto. María consegue 18 coas dúas primeiras, pero non logra lanzar a súa terceira frecha no tempo reglamentario e perde o set e a eliminatoria. A olímpica Iria Grandal, olímpica en Londres 2012, foi o verdugo de Ana no seu segundo enfrontamento onde conseguiu boas puntuacións, pero cae aplastada pola naronesa que gañou por 6-0.

A pesar de comezar perdendo, Ana remata por remontar conseguindo dous empates contra a representantes do Club Arco Garrocha na loita pola terceira praza. Cun 5-4 a remontada é un feito, pero a coruñesa pode lograr o triunfo cun empate; pero Ana logra o s 27 puntos, un máis que a contrincante, e faise coa terceira praza do campionato.

Exit mobile version