Site icon Crónica3.com A Mariña

9 centros da comarca recibirán axudas da Consellería de Educación para impulsar os clubs de lectura

Lugo, 10 de xaneiro de 2015.- Un total de 37 centros educativos da provincia de Lugo recibirán as axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incentivar o funcionamento de Clubs de Lectura no seo da súa biblioteca escolar; no marco da convocatoria que o departamento educativo da Xunta realizar para impulsar estas iniciativas en centros públicos que acollen ensinanzas de secundaria, bacharelato, de réxime especial ou de Formación Profesional –tanto no réxime ordinario como no dirixido ás persoas adultas-. En total o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad destinou 200.000 euros ao impulso destes grupos de dinamización da lectura, o que supón un incremento do 21,2% respecto do curso anterior, investimento do que se beneficiarán 228 clubs de centros e institutos de toda Galicia, 19 máis ca no 2013/2014.

Entre os criterios de valoración dos proxectos presentados a Consellería prestou especial atención a aquelas iniciativas destinadas a impulsar a lectura de textos en lingua galega e que procuren contribuír a un maior vínculo das mozas e mozos coa nosa lingua e literatura propias. Así mesmo, no caso dos centros que repitan a experiencia, valorouse a cualificación acadada polo centro na memoria do ano anterior.

As contías que reciban os centros dedicaranse, fundamentalmente, á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar. Os centros da provincia seleccionados son os que se indican no seguinte cadro:

Centro Concello
CPI Luís Díaz Moreno Baralla
IES de Becerreá Becerreá
IES Monte Castelo Burela
IES Perdouro Burela
IES da Terra Chá, José Trapero Pardo Castro de Rei
CPI de Castroverde Castroverde
IES Lama das Quendas Chantada
CPI Virxe do Monte Cospeito
IES de Foz Foz
CPI Dr. López Suárez Friol
IES Poeta Díaz Castro Guitiriz
CPI Tino Grandío Guntín
CIFP Politécnico de Lugo Lugo
EOI de Lugo Lugo
IES Ánxel Fole Lugo
IES Leiras Pulpeiro Lugo
IES Muralla Romana Lugo
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes Lugo
IES Sanxillao Lugo
IES Xoán Montes Lugo
IES Pedregal de Irimia Meira
IES Plurilingüe San Rosendo Mondoñedo
IES A Pinguela Monforte de Lemos
IES Francisco Daviña Rey Monforte de Lemos
IES de Monterroso Monterroso
CPI de Navia de Suarna Navia de Suarna
IES do Camiño Palas de Rei
IES Enrique Muruais A Pontenova
IES de Quiroga Quiroga
EOI de Ribadeo Ribadeo
IES Gregorio Fernández Sarria
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria Sarria
IES Lois Peña Novo Vilalba
IES Santiago Basanta Silva Vilalba
EOI de Viveiro Viveiro
IES María Sarmiento Viveiro
IES Vilar Ponte Viveiro

 

Grupos de dinamización da lectura

Oobxectivo desta convocatoria de axudas é apoiar a creación de clubs de lectura nos centros educativos como grupos de dinamización en prol do hábito lector que favorecen a incorporación á lectura da mocidade máis reticente. Neste sentido cómpre sinalar que os clubs funcionan como espazos nos que os máis novos poden expresar as súas inquedanzas, debater cos outros arredor das mesmas e compartir emocións e opinións. Así mesmo, a apertura dos clubs a nais, pais e outros membros da comunidade educativa contribúen a crear no seu seo ambientes lectores cheos de riqueza e achegas de persoas de diferentes idades e intereses. Asemade, os clubs están a ser en moitos casos unha oportunidade para descubrir os novos soportes para a lectura dixital, espazos para a experimentación con dispositivos electrónicos e formatos como os booktrailers, os blogues e as redes sociais.

O éxito desta actividade de dinamización da lectura, entre outras das impulsadas pola Consellería teñen representado importantes avances na adquisición da competencia lectora por parte do alumnado galego. Non en balde, os máis recentes estudos neste eido (PISA 2012) indican que as mozas e mozos de Galicia presentan, con 499 puntos, un índice de competencia lectora superior á media europea – que se sitúa en 489 puntos- , á media española (488) e á media dos países da OCDE (496).

Ademais de favorecer  este hábito entre o alumnado – e a comunidade educativa en xeral- os clubs de lectura son espazos para a aprendizaxe de competencias básicas na vida cotiá, educación cidadá, para o debate, a convivencia e o contacto coas novas tecnoloxías da información e a comunicación. As experiencias destes grupos quedan, en moitos casos, reflectidas en blogues que poden consultarse nos enlaces http://lerenmancomun.blogspot.com.es/  e  http://librosaeito.blogspot.com.es/ .

Exit mobile version