A banda, con máis de sesenta compoñentes xa que para esta actuación incorporáronse cerca dunha vintena de ex integrantes da formación, interpretou oito pezas: Los chicos del coro, de Bruno Colais; Lugo-Ferrol, de G. Baudot; Balada galega, de J. Montes; Simple symphony, de Kees Vlak; A medieval suite, de A. Waignein; Brasiliana, de Jan Van der Roost; Concerto d´amore, de Jacob de Haan; e We are de world, de Michael Jackson. Neste último tema contou co acompañamento do coro Sagrado Corazón, formado por 30 compoñentes, xa que aos actuais engadíronse algúns ex integrantes que forman parte agora da coral polifónica de Ribadeo.