Site icon Crónica3.com A Mariña

A campaña #Ribadeoxqsí preséntase na Casa de Galicia en Madrid

presentacion-ribadeoxqsiA campaña de promoción turística #Ribadeoxqsí que se celebra este xoves na Casa de Galicia en Madrid contou coa intervención do director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; a concelleira de Turismo, Ana Martínez, e o presidente de Acisa, Roberto Ramos.

Os asistentes que abarrotan a sala na que ten lugar o acto acaban de asistir á presentación (por primeira vez) do novo vídeo de promoción de Ribadeo e tamén coñeceron a nova web Turismo Ribadeo na que os que visiten a vila poderán coñecer moi de preto todo o que aquí atoparán: natureza, cultura, tradición…

Entre os asistentes atópanse o Marqués da Ría de Ribadeo, Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez; a presidenta da Fundación Herederos de la Mar, Marisol Moreda; o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña; o presidente de honor de Intemac e fillo adoptivo de Ribadeo, José Calavera Ruiz; e varios membros da Corporación Municipal de Ribadeo.

Os intervintes tamén realizaron conexións a través da rede con ribadenses que se atopan traballando e vivindo en diversas partes do mundo como Londres, Texas, Montevideo e Lugano, entre outros.

Exit mobile version