Site icon Crónica3.com A Mariña

A curiosidade matou o gato

A curiosidade matou ao gato. A curiosidade fixo ao home ser o que hoxe é. É unha sensación moi… extraña. Moitas veces sabes que non hai que facelo, estás seguro, sabes que hai máis posibilidades de atopar algo que non é do teu agrado, ou de cagala, que de obter algún beneficio, pero aínda con esas non te contas.

Outras veces a curiosidade faiche investigar. Coñecer as cousas a fondo é tamén algo ambiguo. Ves todos os defectos e inconvenentes, pero aprendes a querelo así. Só si coñeces algo a fondo podes chegar a querelo. Pódeche pasar coas matemáticas ou coa muller da túa vida. Si non ao coñeces a fondo o sentimento máis forte que podes ter cara a algo é curiosidade. Curiosidade ben definida, como unha forma de atracción. Alguén definiu a curiosidade como unha forma de atracción? a RAE non pasa do tema e di “Desexo de coñecer o que non se sabe” pero é a mellor definición sen dúbida.

A curiosidade permíteche manter ao teu cerebro ocupado e estimulado, reduce a ansiedade. O entusiasmo e interese por coñecer persoas elimina por completo a ansiedade e o estrés que pode ocasionar unha situación descoñecida. Incrementa a túa felicidade. Cando es unha persoa curiosa é máis fácil que adoptes riscos aínda cando te sintas ansioso ou incómodo. Aprendes máis fácilmente as cousas e gárdalas na súa memoria para sempre.Encántame a curiosidade…

Otero Regal.
.

Exit mobile version