Site icon Crónica3.com A Mariña

A presentación de Cancio como candidato á alcaldía de Foz, un dos primeiros actos cos que os socialistas encaran o camiño das municipais

LUGO, 23 DE XANEIRO DE 2015.- A asistencia do secretario de Organización do PSOE Federal –César Luena- e a do líder do PSdeG –José Ramón Gómez Besteiro-, no Comité Provincial deste sábado, e a presentación de Jaime Cancio como candidato do Partido á alcaldía de Foz o domingo 24, marcan “o pistoletazo de saída” das eleccións municipais do 24 de maio para os socialistas lucenses. Deste xeito, mañá, Luena e Besteiro arrouparán a Juan Carlos González Santín no encontro que se desenvolverá no Hotel Torre de Núñez, e no que o dirixente do PSOE a nivel provincial fará balance da situación económico-política e social de Lugo.

O Comité dará comezo ás 10:30 horas coa constitución da mesa, e continuará ás 10.40 horas coa intervención do secretario Provincial, que será aberta aos medios de comunicación. O secretario Xeral do PSdeG e o secretario de Organización do PSOE farán declaracións ao comezo do Comité.

Así mesmo, e seguindo o marco estatutario, no encontro tamén participarán a comisión da executiva provincial, os membros da comisión executiva nacional galega que militen na provincia e os deputados no Parlamento de Galicia, no Congreso, no Senado e na Cámara europea.

Candidato Foz
Por outra banda, o domingo, ás 12.00 horas, tal e como se anunciara en días pasados, a sala Bahía de Foz acollerá a presentación de Jaime Cancio como candidato do PSOE á alcaldía deste municipio da Mariña. No acto, intervirán o secretario Provincial –Juan Carlos González Santín-, o secretario xeral da agrupación local e deputado autonómico –José Ramón Val Alonso- e a secretaria de Organización do PSdeG –Pilar Cancela-.

Deste xeito, a de Cancio é a primeira presentación oficial dun candidato da provincia que fai o dirixente dos socialistas lucenses González Santín.

Exit mobile version