Site icon Crónica3.com A Mariña

A programación de Nadal remata en Alfoz coa entrega de premios dos certames infantís e o concerto de corais

Os premios dos Certames de Poesía e Postais de Nadal de Alfoz foron entregados o sábado 3 de xaneiro antes do concerto das corais.

Victoria López (Directora do CEIP Castro de Ouro) e Susi Paz (Profesora do IES Alfoz-Valadouro e membro do Xurado) foron as encargadas de entregar os premios. No acto tamén participaron Ofelia Adrio (Encargada da Biblioteca de Alfoz) e Pepe Peinó (Concelleiro Delegado de Cultura, Educación, Turismo e Xuventude).

Os premiados recibiron estupendos agasallos.

Concerto de corais
A Casa da Cultura de Alfoz acolleu tamén un concerto de corais coa participación das corais de Ferreira do Valadouro e de Cangas de Foz que interpretaron durante unha hora panxoliñas de diversos países.

A actuación finalizou coa interpretación conxunta da coñecida panxoliña “Adeste fideles”.

O acto estivo enmarcado dentro da programación de actividades para o Nadal organizadas polo Concello de Alfoz.

Exit mobile version