Site icon Crónica3.com A Mariña

A Semana Santa de Viveiro, en FITUR

A Semana Santa de Viveiro de Interese Turístico Internacional estará presente en dous stands na Feira Internaciónal de Turismo (FITUR) que se celebra en Madrid.

Nun deles da man do Concello de Viveiro, que ano tras ano vén colaborando coa promoción e engrandecemento da Semana Santa viveirense; no stand de Vilas Mariñeiras, a través da Concelleira de Turismo e Cultura Covadonga Viamonte, e o outro no stand de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, coa que este ano volverá asinar un convenio de colaboración, para a promoción da Semana Maior de Viveiro. Dentro do material enviado á maior cita de promoción turística internacional, están dípticos en tres idiomas, inglés, francés e castelán, folleto procesional en inglés, carteis, revista pregón e octavillas coa promoción da APP para móbiles, ademais do envío do vídeo aéreo sobre Viveiro e a súa Semana Santa.

A Xunta de Cofradías no seu ánimo de engrandecer aínda máis a Semana de Paixón da Cidade do Landro non quere perderse esta cita anual de promocion internacional, dunha da Semana Santa máis antigas de España, que data de século XIII, e que segue conxugando as tradiccións antigas coa mordernidade actual, sen perder esas raíces que impregnaron as ordes mendicantes de franciscanos e dominicos, que desde os seus conventos de San Francisco e de Santo Domingo saísen ás rúas para organizar os primeiros autosacramentais que máis tarde se converterían en procesións.

Xunta de Cofradias. Viveiro.

Exit mobile version