Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará a partir deste xoves ó litoral da Mariña

Santiago, 28 de xaneiro de 2015- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias de Lugo e Coruña a partir deste xoves.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase a partir deste xoves pola mañá mar combinada do noroeste entre 5 e 7 metros no litoral da provincia de Lugo e noroeste da Coruña. No oeste da provincia da Coruña o temporal dará comezo en torno ó mediodía con mar combinada do noroeste de 5 a 6 metros, e no suroeste da provincia da Coruña esperase que de comezo a últimas horas do día con mar combinada de 5 a 6 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Exit mobile version