Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición no curso de risoterapia que organiza o Concello de Burela

Burela, 3 de xaneiro de 2014. Ata o vindeiro 14 de xaneiro está aberto no Concello de Burela o prazo de inscrición no curso de risoterapia, que organiza a Delegación Municipal de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade.

As persoas interesadas en participar poden anotarse na Casa do Concello en horario de 8 a 15 horas ata o 14 de xaneiro. En total son 20 as prazas que se ofertan.

O curso de risoterapia impartirase de xaneiro ata maio na Aula de Familia da Casa da Cultura, segundo informa Diana Durán. A primeira sesión será o 15 de xaneiro de 20.30 a 22.00 horas.

Exit mobile version