Desde a directiva de ACISA, animan a participar a todos os comercios asociados e explican que a inscrición deberase facer antes do 5 de febreiro, chamando ao 982 120 565 ou enviando un correo a info@acisaribadeo.es cos seguintes datos: nome comercial, titular do comercio e teléfono ou e-mail de contacto. Ademais, desde a asociación explican que “los participantes deberán tener preparado su escaparate para el 9 de febrero, a partir de las 10:00 horas, y hasta el 13 de febrero como mínimo. Este escaparate deberá estar iluminado todos los días. Paralelamente, cada establecimiento deberá colocar en sus instalaciones una urna en la que se introducirán las papeletas con los datos de cada comprador. Esa urna será prestada por la propia asociación, una vez que se haya hecho efectiva la inscripción en el concurso por parte del comercio”.
A elección do escaparate gañador darase a coñecer o sábado, 14 de febreiro, ás 14.00 horas e tras esa decisión, responsables de ACISA desprazaranse á tenda gañadora para coñecer, mediante unha man inocente, cal foi a compra elixida como gañadora entre todas as que se realizaron nos días previos no comercio asociado ribadense.
Unha vez que se extraeu o boleto gañador, ACISA procederá a poñerse en contacto co cliente premiado. Este terá que comprometerse a desprazarse nese momento ata a tenda gañadora, ou ata a sé de ACISA en Ribadeo, para recoller o seu cheque de San Valentín. Se non fose posible contactar co gañador, poderanse levar a cabo ata cinco extraccións posteriores para atopar un beneficiario do premio. O gañador deberá comprometerse a aceptar as bases do concurso, permitindo a publicación de fotos posteriores na súa páxina de facebook. Desde ACISA sinalan que “si tras los cinco boletos elegidos no apareciese un ganador, serían entonces premiados los esfuerzos del comercio, disfrutando ellos mismos del premio”.