Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades na neve co Club Marqués de Casariego

O grupo de montaña do Club Marqués de Casariego de Tapia organiza actividades na neve no entorno de Valgrande-Pajares onde ofrecerán 3 tipos de actividade: esquí, snowboard ou raquetas o sábado 7 de febreiro. A saída efectuarase dende Tapia ás 07.00 horas e durante a mesma faranse paradas en Salcedo, gasolineira de Oviedo e Campomanes. Os prezos das actividades supoñen 3 euros para os socios colaboradores, 5 para os demais socios e 12 para os non socios. Ademais, dependendo da actividade elixida os prezos en 3 euros para os socios e 10 para os non socios que realicen a ruta con raquetas. No caso dos interesados en practicar esquí ou snow (que deberán indicar no momento da inscrición a altura, peso, número de bota, nivel, material, curso e forfait) os prezos serán de 15 euros para o material de esquí e 18 euros para o material de snow; 25 no caso de forfait; 3 euros de seguro (para os non federados) e 18 euros máis para un curso de 2 horas (cun mínimo de 5 persoas). A inscrición péchase o xoves 5 de febreiro e os teléfonos ós que hai que dirixirse son: 689 175 515, 659 000 707 ou
608 540 828.

Exit mobile version