Site icon Crónica3.com A Mariña

Álex Meitín accede á terceira posición da Liga Sénior Masculina de Bolos de Xove

Os 23 puntos acadados por Álex Meitín nas dúas últimas tiradas permítenlle ao vixente campión acceder á terceira posición na táboa con 65 puntos, desprazando da mesma a Jose Vigo, que só puido ser noveno nesta tirada de Monte.

Na cabeza Arturo e Rafael seguen coa súa pelexa particular, conseguindo Rafa recortar en catro puntos a súa diferenza con respecto ao líder nas dúas últimas tiradas. Arturo e Rafa, os dous xogadores con mellor palmarés na historia deste deporte, parece que van a ser, agás que o vixente campión, Álex Meitín, se meta polo medio, quenes se vaian a disputar o triunfo final.

No que atinxe á terceira posición hai un grupo de 6 xogadores, ó que se podería sumar Luis Rancaño, que nas últimas tiradas terán que estar concentrados e non despistarse, xa que cada vez queda menos terreo para recuperar, e de aquí en diante os fallos vanse pagar moi caros. Polo tanto, disputados dous tercios da Liga (12 de 18 tiradas), queda un final de Liga tremendamente disputado, con tódolos postos aínda por decidir.

Liga Senior Feminina
Salomé Cardoso e Carmen Roca aproveitaron esta tirada para recortarlle puntos á líder, que unha semana máis segue sendo Belén Meitín. Só 3 puntos hai de separación entre as tres favoritas, polo que o último tercio da Liga vai ser tremendamente disputado, con Belén tentando repetir victoria final, Carmen sumar outro entorchado e a xove Salomé esperando conseguir o seu primeiro trunfo nesta categoría. Por detrás, Salomé Bermúdez, Dolores Baño, Paula Campo,…, xa sen posibilidades de acceder ao podio de honra nesta categoría.

Liga Sub 16

Se o dominio do líder Daniel Alonso xa non é noticia nesta categoría, si o é que, por segunda semana consecutiva, foi superado por Julia López, e tamén por Miguel nesta tirada de Monte. Non cambia a clasificación nin lle peligra o liderado a Daniel, pero non deixa de ser unha chamada de atención á súa posición de líder.

O máis interesante desta tirada seguramente é o segundo posto acadado por Julia, o cal lle permite afianzarse na segunda posición, superando xa claramente a Hugo Pérez, cuarto con 18 puntos. De aquí ao final, os dous primeiros postos están bastante claros e decididos, polo cal a emoción vai estar na terceira posición, escalón para o cal Julia López se está a posturar como gran favorita.

A vindeira tirada, cuarta da segunda fase, vaise celebrar CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO, o vindeiro domingo 25 de xaneiro. Esta tirada estaba prevista celebrarse o sábado 24 no Campo Municipal de Fútbol de Xove, pero debido a unha competición do Club de Bolos Xove tivemos que modificar o calendario e cambiala para o citado día. A tirada do CS de O Cruceiro, que estaba prevista para o sábado 31 de xaneiro, pasa agora ao Campo Municipal de Fútbol de Xove.

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE MONTE    (17 XANEIRO 2015)

  25  INSCRITOS:  13  NA LIGA SENIOR,    4  NA LIGA SUB 16   E    8   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACIóN NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO ÁLEX MEITÍN SERANTES

276

12

SEGUNDO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

276

10

TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA

266

8

CUARTO LUIS RANCAÑO BOUSO

262

7

QUINTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

254

6

SEXTO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

213

5

SÉTIMO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

185

4

OITAVO JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ

184

3

NOVENO JOSE VIGO LAGE

167

2

DÉCIMO MODESTO ALBO VIDAL

146

1

MELLOR BOLADA ALEX MEITÍN SERANTES

94

1

LIGA SUB 16

PRMEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

155

6

SEGUNDO JULIA LÓPEZ FORMOSO

130

4

TERCEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ

124

3

CUARTO UXIO DAYÁN SEARA

82

2

QUINTO

 

1

MELLOR BOLADA DANIEL ALONSO LÓPEZ

56

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

153

6

SEGUNDO PAULA CAMPO SUÁREZ

148

4

TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

142

3

CUARTO DOLORES BAÑO FRAGA

134

2

QUINTO CARMEN ROCA CORRAL

128

1

MELLOR BOLADA SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

54

1

Exit mobile version