Site icon Crónica3.com A Mariña

Altair presenta en Burela un libro sobre “a agricultura familiar”

O grupo educativo Chao de Castro-Altair quere invitar a todas aquelas persoas interesadas á presentación do libro “O Pequeno é Grande. A agricultura familiar como alternativa. O caso galego” no local da asociación na rúa do Río nº10, este sábado 17 de xaneiro ás 19.30 horas. Contará coa asistencia de Marcos Besada, Emilio Carral e Xoan Carlos Carreira presentados por Bruno Faustino Durán. Os beneficios recadados da venda de exemplares serán destinados ao proxecto educativo de acción voluntaria Altair.

Exit mobile version