Site icon Crónica3.com A Mariña

As gandeiras e gandeiros farán escoitar a súa voz na Comisión de Agricultura do PE a través de Isabel Vilalba

Bruxelas, 26 Xaneiro 2015. Este martes 27 de xaneiro a gandeira Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG)[1], participará como experta no sector leiteiro na audiencia pública convocada a partir das 15.00hrs. pola Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo baixo o epígrafe “O paquete lácteo e as perspectivas para o sector leiteiro”.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, na súa responsabilidade como coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL) para a Comisión de Agricultura, promoveu a intervención de Isabel Vilalba nesta audiencia pública baixo a fundamental premisa de “facer escoitar a voz das labregas e labregos no Parlamento Europeo”, nun tema ademais “esencial para o País”, como é o sector leiteiro que, aliás, “enfróntase a unha moi posíbel desregulación total do sector a partir do 1 de abril do presente ano”, data na que está prevista a desaparición das cotas leiteiras dentro da Política Agraria Común (PAC).

Exit mobile version