Site icon Crónica3.com A Mariña

As viveirenses do Frutas Jose impóñense en Castro (1-3)

O Frutas José acadou os tres punto en xogo en Castro Riberias de Lea diante dun equipo que pese a súa posición na taboa na súa casa mostrase como un rival difícil xa que conta con todas as súas xogadoras, o que non lle sucede cando xoga de visitante.

O partido comezou coas viveirenses tendo o control do balón pero sen moita profundidade e cun xogo moi estático ante un rival pechado no seu campo e que aproveitaba as contras para crear perigo diante da meta Diandra.

Foi nunha desas contras cando Sandra aproveitou para por en ventaxa as locais. O tanto local non puxo nerviosas as xogadoras do Viveiro que seguiron levando o peso do encontro e puxeron un punto mais de intensidade e velocidade na circulación do balón, o que levou a Mery a acadar o empate tras unha moi boa asistencia de Rosanna.
Antes do descanso Mery rouba un balón na súa presión e nun man a man coa porteira acada o 1-2 co que se chegaría ao descanso.

A segunda metade foi unha continuación do acontecido na primeria, onde as viveirenses seguían dominando o encontro e chegando con moito perigo diante da porta de Carmen. Nunha xogada de estratexia nun saque de banda, Marta pon un balón ao segundo pao que Nerea aproveita para subir o 1-3 ao marcador.

Tras o 1-3 o Viveiro entrou nunha fase de relaxación que foi aproveitada polo equipo local para crear certo perigo diante da meta de Diandra que solventou con moita seguridade todo o perigo que levaron as xogadoras do Castro.

Cos tres puntos acadados o Frutas Jose Viveiro FSF ascende un posto na táboa clasificatoria aá espera dun tramos de liga moi complicado, posto que o vindeiro sábado 31 recibe ó líder, Quiroga FSF e a seguinte fin de semana visita a cancha do Friol, segundo clasificado.

Castro: Carmen, Paula, Sandra, Tais e Patricia. Tamén xogaron: Natalia, Laura, Alejandra, Elena e Sandra Eiras.

Viveiro FSF: Diandra, Nerea, Marta, Mery e Andrea. Tamén xogaron: Nuria, Rocio, Rosanna e Bea.

1-0 Sandra
1-1 Mery
1-2 Nerea
1-3 Mery

Exit mobile version