Salgueiro Rapa é alcalde dende o ano 2007 e presidente da agrupación local dende o 2013; di asumir a reelección con moita responsabilidade e coa mente posta na dinamización do municipio.
Traballo, constancia e compromiso cos veciños
O líder dos populares, José Manuel Barreiro, resaltou a labor de Demetrio Salgueiro, quen exerce de rexedor neste municipio dende o ano 2007.
Neste senso, o presidente provincial, definiu ao reelixido candidato, como persoa comprometida co partido e cos cidadáns e destacou o traballo e a constancia manifestada ao longo destos anos.
Barreiro tamén puxo en valor a súa experiencia no eido político, posto que Salgueiro Rapa inicia a toma de contacto coa política no ano 2003, figurando nas listas para concorrer as eleccións municipais daquel ano.
“Demetrio é un exemplo de traballo e de responsabilidade; de persoa comprometida co partido e cos seus veciños, quen sae a rúa, da a cara, e intenta solventar os problemas e as necesidades dos mesmos”.- concluíu Barreiro.
Formación e experiencia política
Natural de Xove, Demetrio Salgueiro naceu o día 2 de xullo de 1971. Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, afiliouse ao Partido Popular no ano 1988.
A súa toma de contacto coa política ven en 2003, cando xa foi nas listas para concorrer aos comicios municipais celebrados nese ano.
Agora en excedencia, Salgueiro Rapa traballa como economista no concello de Burela.