Site icon Crónica3.com A Mariña

Bouza Rodil interésase pola relación do equipo de goberno de Viveiro e o bufete de avogados Lois&Lois

Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

Novamente, levamos ó pleno un dos asuntos dos que maior quebranto económico e legal está producindo neste Concello e estamos a referirnos concretamente á sospeitosa vinculación existente entre o grupo de goberno e o bufete de avogados Lois&Lois.

A pesares das advertencias de ilegalidade realizadas por intervención, a pesares de non existir ningunha relación contractual, ou ata o momento non nola teñen aportado e iso que llela temos solicitado, a pesares da prohibición total de manter relacións contractuais con empresas ou particulares deudores coas administraciones públicas, a pesares dos nulos e dubidosos éxitos xudiciais obtidos por este bufete de abogados, a pesares de todo isto, o grupo de goberno sigue depositando a súa confianza e o que é peor a viabilidade do Concello de Viveiro, nun despacho de abogados cos que non existe ni siquiera contrato, o que reiteramos constitue unha flagrante ilegalidade, dadas as enormes cantidades pagadas a este bufete.

Ante esta reiterada situación e dando por sentado que non existe relación contractual entre estes señores e o Concello é polo que lle realizo á Sra. Alcaldesa as seguintes preguntas:

1. Ata cando vai a seguir mantendo a Sra. Alcaldesa esta situación de ilegalidade entre o equipo de goberno e o bufete Lois&Lois?
2. Tense solicitado tanto de Secretaría como de intervención o correspondiente informe que de cobertura a esta relación comercial entre a alcaldía e o bufete Lois&Lois?
3. En cantos asuntos ten representado ó Concello os señores de Lois&Lois?. Cantos gañaron?
4. De todos os asuntos que lles encargou o grupo de goberno, personáronse en todos eles?,en cantos si e en cantos non?
5. Dado que as cantidades que se lles viñan abonando eran unha cantidade fixa e outra por asuntos, tal e como se aprecia nas múltiples actas da Xunta de Goberno Local. Preguntamos, a canto ascende a cantidade periódica mensual e fixa percibida polo Bufete Lois&Lois dende o ano 2003 ata a actualidade? e a canto ascenden o resto das cantidades percibidas por asuntos?
6. Todas as cantidades facturadas polo Bufete Lois&Lois están abonadas a día de hoxe? En caso contrario , canto se lles adeuda?
7. A canto ascenden as cantidades abonadas polo Concello a procuradores desde o ano 2003?
8. A canto ascenden as cantidades abonadas polo Concello en concepto de costas desde o ano 2003?
9. A canto ascenden as cantidades abonadas polo Concello en concepto de intereses derivados de condeas xudiciais?

Exit mobile version