Site icon Crónica3.com A Mariña

Bumei agradece a doazón de Eroski Center con alimentos e outros produtos para a despensa do colectivo

Eroski Center doa á Despensa de Alimentos de Mujeres en Igualdad Burela gran cantidade de alimentos coma galletas, pasta, legumes, conservas, cacao, leite, zumes, verduras de tempada, tomate… ademais de produtos infantís coma potitos, papillas… e sen esquecerse tampouco da necesidade doutros produtos de hixiene persoal e de limpeza do fogar.

Mary Fraga, presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, destaca a importancia que teñen os acordos adoptados polas asociacións de acción social como é Bumei con cadeas de alimentación como EROSKI CENTER, para conseguir chegar a un maior número de persoas necesitadas e poder cubrir así as súas necesidades máis básicas.

“Cando recibimos a noticia desta doazón todas saltamos de alegría felicitándonos unhas ás outras porque fomos conscientes nese momento, de que iamos levar a alegría a moitos fogares, aínda que soamente fose temporalmente. E todo grazas á solidariedade de EROSKI CENTER. Tampouco podemos esquecernos de todas esas persoas que están colaborando connosco nas campañas que vimos realizando, así como das que aportan o seu gran de area con pequenas achegas que depositan no noso local”, recoñece Mary Fraga.

Por iso, nesta ocasión, Mujeres en Igualdad Burela agradece a EROSKI CENTER esta doazón tan importante coa que colabora coas persoas máis necesitadas.

Exit mobile version