Os Reis Magos comezarán a súa visita a Mondoñedo no Hospital San Pablo e o Asilo San Rafael arredor das 16.30 do luns 5 de xaneiro. Posteriormente, ás 17.30 horas, a comitiva ten previsto saír dende a Alameda dos Remedios para percorrer as rúas da cidade ata chegar ao auditorio municipal Pascual Veiga arredor das 18.30 horas.