Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio pide o arranxo da estrada de acceso á Frouxeira e un bar para o Centro Social de Nois

Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro na Corporación Municipal de Foz, insta ao goberno local a redactar o proxecto e memoria para a instalación de bar no Centro Social de Nois, ademais de redactar as bases para o concurso de adxudicación de xestión deste servizo. Pero, ademais desta, tamén presenta outra moción sobre a reparación da estrada de acceso a Frouxeira dende a estrada Ferreira-Foz.

Cancio cre que “a parroquia de Nois, ten necesidade de medidas de estímulo a potenciar a relación social dos veciños/as”. “Dende fai un tempo o Concello de Foz, incluíu no seu inventario do edificio do Centro Social desta parroquia a cesión do uso das instalacións aos colectivos da parroquia”. Pero, ademais, “tendo en conta que non existe ningún establecemento destas características en toda a parroquia, pode supoñer un punto de encontro para os veciños axudando a dinamizar a súa vida social”.

Por outra banda, cre necesaria a reparación do acceso a Frouxeira dende a estrada Ferreira-Foz; xa que “un dos lugares de interese turístico para o noso Pobo é sen dubida algunha o lugar da FROUXEIRA”.

“Para acceder ao mencionado lugar foi construída no seu día unha estrada de acceso que nestes momentos se atopa nun estado de deterioro que resulta imposible e perigoso poder visitar este lugar de interese turístico”, argumenta Cancio.

Exit mobile version