Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio pide o subministro eléctrico para a escola da Hermida e o acondicionamento das beirarrúas da rúa Pintor Laxeiro e do aparcamento do centro de saúde

Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro na Corporación Municipal do Concello de Foz, presenta un rogo para que se procede ao acondicionamento da antiga escola do lugar da Hermida, en San Martiño.

O local que empregan os veciños como centro social “está sen subministro eléctrico por motivos que se descoñecen”. Por iso, Cancio pide a reposición deste servizo.

De igual xeito, piden a limpeza das beirarrúas da rúa Pintor Laxeiro que “están invadidas por derrubes de terreos particulares o que dificulta a utilización normal das mesmas”. Do mesmo xeito, pide o acondicionamento do terreo colindante co Centro de Saúde na rúa Pintor Laxeiro que se emprega como aparcamento municipal para os veciños /as que se desprazan ó mesmo.

Exit mobile version