Site icon Crónica3.com A Mariña

Carmen López destaca en campo a través

A atleta de primeiro ano xuvenil das ED Lourenzá Mondoñedo, Carmen López Diniz, conseguiu a vixésimo primeira praza no Campionato Galego de Campo a Través Xuvenil que se disputou o pasado domingo en Friol.

carmen-arabelaCarmen López rexistrou un tempo de 19 minutos despois de ter participado o sábado na popular de Rábade onde conseguiu unha prata. Tamén na categoría xuvenil a súa compañeira Arabela Martínez pechaba o podio ó facerse coa terceira posición.

Exit mobile version