Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla Informativa do PsdeG-PSOE de Foz no lugar de Vilaxoane

Foz, 22 de xaneiro de 2015.- Os socialistas continúan coa presentación do seu candidato á alcaldía de Foz, Jaime Cancio, a través dunha serie de Charlas cos veciños e veciñas.

A vindeira charla, aberta a toda a veciñanza, celebrarase o venres día 23 de xaneiro no salón de actos do Instituto de Foz sito no lugar de Vilaxoane ás 20’30h.

Previo a charla informativa haberá unha xuntanza coa asociación de veciños co fin de coñecer de primeira man os problemas e as necesidades que os propios veciños do lugar consideran mais relevantes. Para, partindo destas demandas, construír propostas solventes que reflictan os cambios que se teñen que producir no noso concello e que permitan á cidadanía visibilizar a alternativa do PSOE fronte ás actuais políticas do PP.

Jaime Cancio ofrece outra forma de gobernar, un cambio que traerá un achegamento cara aos veciños con un programa que pon o centro de atención no cidadán, presentando as liñas básicas dun proxecto socialista adaptado ás necesidades existentes en cada lugar e co que a maioría se sinta identificado.

Ao remate da intervención do candidato, abrirase unha quenda de intervencións onde cada asistente poida tomar a palabra e dicir ou preguntar o que considere conveniente.

Exit mobile version