PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo un indio salvaxe que roubou a súa muller, da que está profundamente namorado.
En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!
Para todos os públicos.
Duración: 60 minutos.
Auditorio Municipal Hernán Naval
Domingo 25 de xaneiro
20.30 h
Prezo entrada xeral: 4 €
PARA PERSOAS DESEMPREGADAS, XUBILADAS OU ESTUDANTES: 2 €