Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan as Músicas Posíbeis 2015 en Ribadeo coa presentación de “Cancionero Gallego” de Oh Trío

OH Trío presenta en Ribadeo o seu novo traballo discográfico baseado en melodías tradicionais do “Cancionero Gallego” de E. Martínez Torner / J. Bal y Gay.

A pesar de que os integrantes – Antonio Bravo (guitarra acústica), Germán Díaz (zanfona, caixa de música programable e serra musical), e Diego Martín (bendhir e batería)- xa se coñecían e tiñan colaborado en distintas formacións – Rao trío, La Brigada Bravo&Díaz o Marisco Fresco-, Oh Trío Nace no 2008.

Desta volta, tras un traballo de selección entre os centenares de melodías que ofrece “Cancionero Gallego”, o trío propón unha recreación de melodías galegas dende o prisma do jazz e da improvisación.

As “Músicas Posíbeis” deste 2015 comezan pois en Ribadeo co concerto de Oh Trío o venres 30 de xaneiro a partir das 21.00 horas no Teatro de Ribadeo. O prezo da entrada é de 3 euros e poderanse adquirir na ventaíña o propio día da función.

Exit mobile version