Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso denuncia que coa xestión de Emilio Lousas Alfoz perdeu casí o 20% da poboación en 8 anos

Alfoz, 22 de xaneiro de 2015.- O concello de Alfoz perdeu case o 20% da súa poboación nos dez últimos anos. Comprobando os últimos datos da actualización do padrón municipal podemos ver que dende o 2004 ata o 2014 o concello de Alfoz pasou de 2312 habitantes a 1903, perdeu 409 habitantes, o que supón unha perda do 18% da poboación do concello.

“O gran culpable deste despoboamento non é outro que Emilio Lousas e o seu equipo do PP, que tiveron o concello paralizado durante estes últimos oito anos, sen PXOM e sen rematar a concentración parcelaria”.

“No cabe culpar dese datos a tendencia negativa de despoboamento do rural, xa que si o comparamos co concello veciño, no ano 2004 tiña máis habitantes que o Valadouro, Alfoz 2316 habitantes e Valadouro 2305 habitantes, pero durante as dúas últimas lexislaturas Alfoz perdeu case o dobre de poboación que o Valadouro”.

As consecuencia da nefasta xestión de Lousas e do PP é que Alfoz no 2015 baixará de categoría como concello e tamén con respecto ó Valadouro, iso quere dicir que terá menos ingresos da xunta e do estado e optará a menos servizos para os veciños de Alfoz.

“O PP con Emilio Lousas a cabeza están levando ó concello de Alfoz a desaparición”.

Exit mobile version