O vindeiro venres 9 de xaneiro, ás 20.30 horas, terá lugar no SALÓN DE ACTOS DE FERREIRA DO VALADOURO unha charla-presentación para dar a coñecer Compromiso por Galicia. A charla da organización significará a posta en marcha de procesos cara á configuración de candidaturas en ambos concellos do Val do Ouro.
Á presentación acudirán e intervirán: Iván Marrube –concelleiro de Alfoz e membro da executiva nacional de Compromiso; Rocío López Pacio, coordinadora territorial; Rafael Cuiña Aparicio, candidato de Compromiso á alcaldía de Lalín e Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador territorial de Ourense e ex senador.