O vindeiro venres 23 de xaneiro, impartirase un obradoiro de masaxe de pernas para non profesionais, no centro sociocultural da Casa do Forno de Celeiro. O curso, organizado por Chilindrín – Penalba e Agarímate, ten como obxectivo aprender diferentes técnicas manuais para mellorar a circulación das pernas, favorecendo o benestar e a relaxación. Cunha duración de 2 horas (de 18.00 – 20.00 horas), cnstará dunha parte teórica, na que se verán as indicacións e contraindicacións desta masaxe, e doutra parte práctica. Para máis información e incricións pódese contactar no enderezo
agarimate@gmail.com ou no teléfono 678 186 653.