Site icon Crónica3.com A Mariña

Derrota do Ribadeo na casa do líder (3-0)

O Pontevedra é máis líder trala visita do Ribadeo a Pasarón. Despois dunha xornada sen xogar polo mal estado do Pepe Barrera, os celestes plantexaron un partido con repliegue en defensa e contraataque coa posesión do balón.

Deste xeito, os locais non lograron gran profundidade de xogo nin ocasións claras. A única foi para os mariñáns a pase de Rafa que Andrés estrelaba no pau.

Xa na segunda metade, Pablo pon o 1-0 no marcador nunha acción a balón parado. Cinco minutos despois noutro saque de esquina que saca Mouriño deixaba ó Ribadeo sen posibilidades. Jacobo pechou a vitoria para o Pontevedra con 3-0 no marcador.

Exit mobile version