David Martínez explicou que “a comisión está constituída por xente que estivo en edicións anteriores, hai algúns que levan ata quince anos, tamén están representantes de Acisa, do Concello e das charangas. Consideramos que tiñan que estar aquí porque levan toda a vida nisto”.
A comisión organizadora do Entroido traballa contra reloxo: “quedan pouco máis de tres semanas e a idea é manter a esencia desta cita, que é o desfile, a saída da comparsa do porco e a queima do Entroido, pero haberá novidades para involucrar á hostalería e ao comercio… para que a xente veña saír por Ribadeo, sen esquecernos dos nenos e das nenas”.
Aínda que o programa non está pechado “a principal novidade será unha gala-pregón na que haberá moito humor”. David Martínez engade que “non queremos contar máis para que sexa unha sorpresa para todos”.
O programa do Entroido de Ribadeo será presentado proximamente.