Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de premios en Burela

premios-burelaA Casa da Cultura de Burela acolleu este venres 23 de xaneiro a entrega de premios aos gañadores dos certames de poesía infantil e postais de Nadal, que organizou o Concello hai unhas semanas. O alcalde, José María González Barcia, e a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, foron os encargados de entregar os lotes de material escolar aos premiados.En total preto de 400 nenos e nenas participaron nos dous concursos.

Exit mobile version