Site icon Crónica3.com A Mariña

Festival de Nadal no Vicedo

Continúan as actividades de Nadal e o sábado 3 de xaneiro a partir das 19.00 horas a ANPA do Colexio de O Vicedo e o Concello de O Vicedo organizan o xa tradicional festival de nadal. Trátase dun festival con cancións interpretadas por nenos e adultos onde se cantan e bailan cancións de moda. Subirán ó escenario unhas 40 persoas con actuacións de nenos desde 3 anos ata actuacións de adultos. A entrada costa 2 euros para os adultos e 1 euro para os nenos que non actúen e vai destinada á propia ANPA de O Vicedo. Coa entrada particípase tamén no sorteo de cestas e agasallos.

Exit mobile version