Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro continúa a medrar co apoio veciñal

“Foz, Plataforma de Futuro” continúa medrando grazas ao gran apoio veciñal e cubrindo os obxectivos marcados na folla de ruta acordada polos seguidores desta iniciativa.

Hoxe presentamos a nova campaña #FaiteSeguidor,coa que pretendemos dar un novo empurrón co que situarnos por enriba do centenar de veciños traballando en rede para continuar liderando a renovación política e democrática no Concello de Foz.

“Para facerse seguidor de “Foz, Plataforma de Futuro” soamente necesitas unhos segundos do teu tempo, entrar no noso espazo web www.fozplataformadefuturo.com e cubrir a ficha requerida. Non conleva ningún gasto, creemos firmemente que o teu apoio e participación nestes tempos é abondo”.

Tamén temos que comunicar que seguimos co proceso de elección do veciño/a que encabece a candidatura de cara as vindeiras eleccións municipais, a tal efecto o domingo día 11 reunirase a Comisión de Listas para revisar as candidaturas presentadas, e de seguido anunciaranse os candidatos para avanzar no proceso estipulado.

Foz necesita o impulso dunha nova xeración que rache coas inercias dos partidos tradicionais, que cree un novo clima político e lidere unha nova hexemonía veciñal na Mariña Lucense.

Exit mobile version