Site icon Crónica3.com A Mariña

Gala benéfica en Alfoz

Como vén sendo habitual, o Grupo Humorístico Trípode organiza un ano máis (e xa van tres) unha Gala Benéfica en Alfoz para recadar fondos para Cáritas. Nesta ocasión estarán acompañados por Lino Rico, profesor de Música do Conservatorio de Viveiro, acompañado polo varios rapaces integrados no Grupo de Acordeonistas. Xunto a esta actuación musical o Grupo Trípode representará o seu espectáculo titulado “Apedreando”. Isto será na Casa da Cultura de Alfoz o vindeiro sábado 7 de febreiro ás 19.00 horas. A entrada será gratuíta, pero os asistentes poderán facer libremente os donativos que estimen oportunos a Cáritas.

Exit mobile version