Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia reuniuse con técnicos en Madrid para analizar aspectos legais relacionados coa EDAR

plano-edarBurela, 29 de xaneiro de 2015. O alcalde, José Mª González Barcia, asistiu en Madrid na Dirección General Sostenibilidad de la Costa, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a unha xuntanza con técnicos dese departamento, de Portos de Galicia e de Augas de Galicia “para ir perfilando detalles de cara a planificar de forma definitiva unha solución aos problemas que nos está a xerar a actual estación depuradora de augas residuais”.

O rexedor explicou que “a reunión tivo un carácter marcadamente técnico porque, como se sabe, na zona onde está situada a actual Edar hai confluencia de competencias de distintas administracións e entendemos que esta xuntanza tiña que producirse para aclarar conceptos e tramitacións a seguir. O encontro foi positivo, quedan algúns flocos por concretar, pero pouco a pouco se vai vendo unha solución aos problemas que nos plantexa a Edar”.

González Barcia relatou que “son dúas as alternativas que se están a estudar neste momento. Unha pasa por facer unha reforma profunda da actual estación depuradora de augas residuais. Neste caso actuariamos cunha marxe de incerteza en tanto en canto non se podería saber si esa reforma ía dar resultado a longo prazo. E a segunda alternativa que se baralla é a de construír unha nova Edar. Hai administracións con competencias no ámbito de actuación e o primeiro que hai que dirimir son cuestións de tipo técnico para que cando chegue o momento de adoptar a solución definitiva non haxa ningún tipo de inseguridade xurídica que nos permita sacar adiante a alternativa que se decida”.

O alcalde indicou que “é probable que nas próximas semanas se poidan manter novas xuntanzas de carácter técnico, pero a de hoxe como antes dicía foi un paso importante porque había que aclarar cuestións e marcar criterios en común e nesa liña de traballo se está”. O encontro deste xoves en Madrid asistiu tamén o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

Exit mobile version