Site icon Crónica3.com A Mariña

González Santín: “O PP tería que gobernar 38 anos para igualar a suba das pensións mínimas que fixemos os socialistas”

LUGO, 30 DE XANEIRO DE 2015.- O secretario Provincial –Juan Carlos González Santín-, en resposta ás declaracións realizadas este venres polo presidente do PP provincial sobre a xestión das pensións do Goberno Central. manifesta que “o Partido Popular tería que gobernar 38 anos para igualar o incremento das prestacións míninas que fixemos os socialistas”.

Con esta afirmación, o dirixente dos socialistas lucenses maniféstase crítico cos argumentos aportados por Barreiro, pois antes de que chegara o Partido Popular ao Executivo estatal, estas aumentaron un 53% fronte ao 5,5% durante o período 2011-2014; o que demostra que “o PP non se preocupa dos preto de 50.000 persoas que nesta provincia teñen pensión mínima, e que na época socialista viron dignificada a súa pensión“. Só por iso, e tendo en conta que Lugo, xunto con Ourense, son as provincias coas prestacións máis baixas de España, afirma que “o presidente provincial non debería de dar este discurso en Galicia e, moito menos, en Lugo”. E é que, mentras a pensión media dos lucenses é de 655,26 euros, a de Galicia se sitúa nos 738,95 euros e a de España nos 876,53 euros.

Fondo de Reserva
Con respecto ao Fondo de Reserva, subliña que, “grazas ás dotacións que fixemos os socialistas a este sistema, agora o Partido Popular pode facer fronte á paga extra das pensións, xa que, de non ser así, isto sería posible”. De feito, engade, “o Sr. Rajoy acaba de coller deste Fondo 8.000 millóns de euros para tal fin, deixando unha reserva de preto de 43.000 millóns cando hai pouco máis de tres anos tiña 67.000 millóns. É dicir, que o Partido Popular leva gastados máis de 24.000 millóns de euros que foron aforrados grazas á xestión dos socialistas”, conclúe.

Vetos do PP
Por todo elo, González Santín lamenta que o Partido Popular “se atreva a facer estas declaracións”, xa que, en novembro, rexeitou no Congreso as emendas aos Presupostos Xerais de 2015 que “dende o PSOE presentamos para subir as pensións mínima un 2% e, o resto, un 1%”. E é que, di, “a suba do Goberno do 0,25% é claramente insuficiente aínda que só tivesemos en conta o copago farmacéutico”.

Exit mobile version